Xov, 22/10/2026
Con motivo da celebración do Rally de Barbadás, a partir das 15:00 horas do venres 23 de outubro, non se poderá prestar servizo nas paradas de Barbadás de Abaixo, Barbadás (concello), Barbadás (Galos) e Sobrado do Bispo.
Os servizos manterán as paradas de Bentraces e Loiro, aínda que poderán rexistrarse atrasos debido ás modificacións dos percorridos habituais.
Para obter información máis detallada sobre a prestación dos servizos afectados, as persoas usuarias poderán poñerse en contacto coa empresa concesionaria.