Ven, 02/10/2026
Con motivo da celebración de distintos eventos, poderán producirse as seguintes alteracións nos servizos de autobús:
- Ourense – Festas do barrio de San Francisco: os días 2, 3 e 4 de outubro poderán producirse modificacións nos itinerarios e nas horas de paso dos servizos que circulen polo barrio de San Francisco e as súas proximidades.
- Ourense – Carreira da Garda Civil: o 4 de outubro, a partir das 11:00 horas e ata a finalización do evento, poderán producirse modificacións nos servizos que circulen pola cidade. Nalgúns casos, poderán suspenderse temporalmente determinados servizos cando non sexa posible establecer un percorrido alternativo.
- Lobios – Celebración de rally: os días 2 e 3 de outubro produciranse modificacións puntuais nos itinerarios das liñas que circulen polo concello.