Lun, 17/08/2026
Con motivo de obras de rehabilitación da calzada, a partir do día 24 de agosto quedará anulada a parada de Praza de Galicia, na cidade de Pontevedra.
Polo tanto, recoméndase utilizar como paradas alternativas as xa existentes na avenida de María Victoria Moreno, á altura da Xunta de Galicia.
As liñas afectadas por esta modificación son as seguintes:
- XG623010. Pontevedra (Praza de Galicia)-Ourense (X)
- XG628001. Marín-Residencia Montecelo
- XG628004. A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A.
- XG628006. Ponte Bora (ITV)-Parada
- XG628007. Marín-Praza de Galicia (marquesiña)
- XG628009. Pontevedra E.A.-Soutonovo
- XG628029. Soutonovo-Pontevedra E.A.
- XG628033. PO:Praza Galicia-Montecelo-Monteporreiro (Circular L2)
- XG817035. Pontevedra-Vigo (por AP-9 e Torrecedeira)
- XG817072. Ponte da Barca-Pontevedra (X)
Prevese que a parada volva estar operativa a partir do día 11 de setembro.