A XUNTA INFORMA DE VARIACIÓNS PUNTUAIS NOS SERVIZOS POR UN EVENTO NA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DA RÚA

Mér, 05/08/2026

A Xunta informa ás persoas usuarias de que, con motivo da celebración de concertos no recinto da estación de autobuses da Rúa, poderán producirse modificacións nos servizos os días 7 e 8 de agosto.

A celebración do evento impedirá a entrada de autobuses no recinto desde o venres ás 11.00 horas. Durante ambas xornadas será posible realizar as paradas necesarias diante da estación de ferrocarril ata as 18.00 horas.

Recoméndase ás persoas usuarias que consulten previamente as posibles variacións nos servizos antes de realizar os seus desprazamentos.