DESCONVOCADA A FOLGA NO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA NO SUR DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Mér, 17/06/2026

A Xunta de Galicia informa de que foi desconvocada a folga prevista para os días 18 e 23 de xuño e 1 de xullo na empresa Subus Grupo de Transporte S.L., que afectaba ás UTEs XG667, XG668, XG669, XG859 e XG883. En consecuencia, o servizo de transporte de viaxeiros nas devanditas liñas prestarase con normalidade durante esas xornadas.