A XUNTA INCORPORA DÚAS NOVAS PARADAS DE AUTOBÚS NO POLÍGONO DE BÉRTOA, EN CARBALLO

Mar, 19/05/2026

A Xunta incorpora desde o vindeiro luns, día 25 de maio, dúas novas paradas de autobús no polígono de Bértoa, en Carballo, en dúas liñas que conectan A Coruña e Fisterra.

  • XG848022 Coruña E.A.-Cabo Fisterra
  • XG848024 Coruña E.A.-Fisterra

As novas paradas localizaranse na rúa Volframio, á altura da rotonda que enlaza coas rúas do Ferro e do Cobre, e na rúa do Cobre, fronte ás oficinas da comunidade de propietarios do polígono industrial e comercial.

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta no portal web www.bus.gal.