A XUNTA INFORMA DE VARIACIÓNS PUNTUAIS POLA CARREIRA SOLIDARIA DA POLICÍA NACIONAL EN OURENSE O 10 DE MAIO

Ven, 08/05/2026

A Xunta de Galicia informa ás persoas usuarias que debido á celebración da carreira solidaria da Policía Nacional o domingo, 10 de maio, os servizos de transporte público por estrada poden sufrir variacións puntuais de horario e de percorrido polo corte de rúas na cidade de Ourense.