A XUNTA INFORMA DE VARIACIÓNS PUNTUAIS POLA PROBA DEPORTIVA LA VUELTA FEMENINA OS DÍAS 3, 4, 5 E 6 DE MAIO

Xov, 30/04/2026

A Xunta de Galicia informa ás persoas usuarias que debido á celebración da volta ciclista La Vuelta femenina, os servizos de transporte público por estrada poden sufrir variacións puntuais de horario e de percorrido polo corte de estradas segundo a provincia pola que circulan:

  • Día 3 de maio: percorrido pola provincia de Pontevedra.
  • Día 4 de maio: percorrido pola provincia de Ourense.
  • Día 5 de maio: percorrido pola provincia da Coruña.
  • Día 6 de maio: percorrido pola provincia de Lugo.

Pode consultarse o horario e o percorrido das probas na web https://www.lavueltafemenina.es/es