A XUNTA INFORMA DUN CAMBIO NAS OFICINAS HABILITADAS PARA EXPEDIR TARXETAS TMG NA CORUÑA

Mér, 29/04/2026

Abanca, a entidade colaboradora para a emisión das Tarxetas de Mobilidade de Galicia (TMG e TMG Xente Nova), informou dun cambio na rede de oficinas habilitadas para a súa expedición na Coruña desde o luns día 4 de maio.

En concreto, na oficina principal de Abanca na Coruña (con enderezo na rúa Nova, nº 30), deixaranse de comercializar as citadas tarxetas de transporte. A entidade traslada ese servizo, por proximidade, á oficina situada a carón do Obelisco (con enderezo na rúa Cantón Grande, nº 1), que dotou de recursos para asegurar a continuidade da emisión das tarxetas.

Co traslado, no concello da Coruña a cidadanía seguirá contando con 7 oficinas de Abanca habilitadas para adquirir as tarxetas TMG e TMG Xente Nova.

Pode consultar máis información sobre as tarxetas nesta páxina.