A XUNTA COMUNICA A SUBSTITUCIÓN DA PARADA DE ENTREXARDÍNS POLA DO TEATRO COLÓN NA CIDADE DA CORUÑA E A MODIFICACIÓN DA LIÑA HOSPITAL ABENTE Y LAGO–AEROPORTO DA CORUÑA

Ven, 10/04/2026

A partir do vindeiro luns, día 13 de abril a parada en Entrexardíns será substituída pola parada do Teatro Colón, sita na rúa Alcalde Manuel Casas, con motivo da conversión da zona de Entrexardíns en espazo peonil.

Ademais, modifícase o itinerario da liña Hospital Abente y Lago–aeroporto da Coruña, que pasará a circular pola avenida do Porto ata praza de Ourense, o que implicará a supresión das paradas Porta Real e Obelisco. Así mesmo, cámbiase a posición da súa parada de cabeceira, que será fronte ao Monumento ao Emigrante.

A información actualizada sobre os servizos estará dispoñible para a súa consulta no portal web www.bus.gal.