AVISO IMPORTANTE: A XUNTA COMUNICA OBRAS NA RÚA LEPANTO QUE AFECTARÁN AOS SERVIZOS DA ESTACIÓN INTERMODAL DE VIGO

Lun, 16/02/2026

A Xunta comunica que as obras do Concello de Vigo da rúa Lepanto afectarán a algúns servizos con chegada e destino á estación intermodal de Vigo. Os traballos comezarán o vindeiro mércores 18 de febreiro e terán unha duración estimada de 15 días, aínda que dependerá das condicións meteorolóxicas.

Os servizos de transporte interurbano utilizarán percorridos alternativos que poderán alterar os horarios de saída e de chegada á estación. Ademais, nalgúns servizos que viaxen cara a intermodal, non será posible realizar as paradas de Cabral e da Avenida de Madrid.

Para acceder a información actualizada sobre horarios e paradas, recoméndase contactar coas empresas operadoras dos servizos.