A XUNTA COMUNICA CORTES DE TRÁFICO NA CIDADE DE VIGO CON MOTIVO DAS CELEBRACIÓNS DE NADAL

Ven, 28/11/2025

Con motivo das celebracións de Nadal na cidade de Vigo, a Consellería de Presidencia informa que se vai proceder á realización de cortes de tráfico que obrigaran á modificación dos percorrido de saída dende a estación de autobuses. O tramo horario afectado será o comprendido entre as 18:00h e as 22:00h os seguintes dias:

 

Novembro 2025: 15, 16, 17, 18, 19, 21, 22, 23, 24, 25, 28, 29, e 30

Decembro 2025: todo o mes completo

Xaneiro 2026: do día 1 ao día 11

 

Os autobuses procedentes da estación de autobuses que baixen por Alfonso XIII desviaranse pola rúa García Barbón ata Isaac Peral, tal e como se indica no seguinte mapa:

 

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.