A XUNTA COMUNICA A AFECCIÓN DAS OBRAS NA RÚA LEPANTO NOS SERVIZOS DA ESTACIÓN INTERMODAL DE VIGO

Ven, 11/07/2025

A Xunta comunica que as obras do Concello de Vigo da rúa Lepanto afectarán a algúns servizos con chegada e destino á estación intermodal de Vigo. Os traballos comezarán o vindeiro martes 15 de xullo e terán unha duración estimada de dous meses.

Os servizos de transporte interurbano utilizarán percorridos alternativos que poderán alterar os horarios de saída e de chegada á estación. Ademais, nalgúns servizos que viaxen cara a intermodal, non será posible realizar as paradas de Cabral e da Avenida de Madrid.

Para acceder a información actualizada sobre horarios e paradas, recoméndase contactar coas empresas operadoras dos servizos.