O martes, día 1 de xullo, comezarán a aplicarse as novas tarifas no transporte interurbano que contemplan un desconto do 40%, en lugar do 50% que se viña aplicando ata o de agora, tras reducir o Goberno central a achega estatal.
Desde o 1 de xullo, o Estado minora dun 30% a un 20% a súa parte do desconto do importe dos bonos mensuais e títulos multiviaxe que desde setembro de 2022 se financia de xeito compartido entre os gobernos estatal e autonómico.
Ademais do autobús autonómico, a Xunta seguirá aplicando a bonificación por pago con tarxeta TMG no transporte marítimo da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol, nas mesmas condicións para os usuarios que no autobús interurbano, asumindo integramente o desconto do 40% .
Toda a información relativa ás novas tarifas estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.