A XUNTA VOLVERÁ REFORZAR TAMÉN HOXE O SERVIZO DE AUTOBÚS ANTE A FALTA DE SERVIZO FERROVIARIO

Mar, 29/04/2025

Diante da situación extraordinaria, a Xunta comunica que haberá máis prazas e autobuses nos horarios habituais establecidos que se atopan á disposición das persoas usuarias na web bus.gal.

Os principais reforzos concentraranse nos seguintes eixos:

  • Corredor A Coruña-Santiago de Compostela-Vigo
  • Corredor A Coruña-Santiago de Compostela-Ourense
  • Corredor A Coruña-Ferrol
  • Corredor A Coruña-Lugo