A XUNTA INFORMA DA REALIZACIÓN DE ENQUISAS NOS SERVIZOS PÚBLICOS DE TRANSPORTE INTERURBANO

Ven, 25/04/2025

A partir do día 28 de abril, e ata comezos do mes de xuño, realizaranse enquisas nos servizos públicos de transporte de viaxeiros en autobús, tanto nas paradas como a bordo dos propios autobuses.

As enquisas serán realizadas por persoal identificado para tal fin, e nelas obterase información sobre a valoración dos servizos por parte das persoas usuarias.