Mar, 08/04/2025
A Xunta axusta desde o próximo luns, día 14, os horarios de dous servizos de autobús entre A Coruña e Arteixo.
En concreto, o autobús da liña XG848015 Entrexardíns-Arteixo que sae ás 08:50 horas atrásase ás 09:10 horas e o servizo das 09:50 horas da mesma liña adiántase ás 09:35 horas.
Este último cambio responde á posibilidade de optimizar os horarios de dúas expedicións que tiñan saída simultánea ás 09:50 horas, polo que o adianto dunha delas permite ampliar as opcións dispoñibles para os usuarios.
A información actualizada sobre os servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.