Mar, 19/12/2023
Deste modo, a expedición 01 da liña 16 Ferrol-Fene-Santiago por AP9 adianta o seu horario de saída dende Ferrol, pasando a ter saída ás 6:05 e permitindo chegar á Estación Intermodal de Santiago de Compostela ás 7:25.
Para facilitar a mobilidade das persoas usuarias da cidade de Ferrol, a Xunta axusta tamén o horario das lanzadeiras que unen o barrio de Caranza coa Estación de Autobuses de Ferrol, adiantando o horario destas en 15 minutos para así pemitir o enlace entre esta liña e a liña que se dirixe a Santiago de Compostela.