A XUNTA ACTIVA DÚAS LIÑAS DE AUTOBÚS ESPECIAIS CON MOTIVO DOS PARTIDOS DO RACING CLUB DE FERROL DENDE NARÓN E CARANZA ATA O ESTADIO DA MALATA

Ven, 01/12/2023

Habilitaranse dous servizos de ida e dous de volta tanto para Narón como para Caranza con horarios adaptados ás horas da celebración de partido do Racing Club de Ferrol no estadio da Malata.

Para a ida, no caso de Caranza, a primeira expedición sairá unha hora e media antes do inicio do partido e a segunda, media hora antes do comezo do partido. No caso de Narón, unha delas sairá cunha antelación de dúas horas e a seguinte cunha hora e cinco minutos. 

Por outra banda, para a volta, os servizos sairán do Estadio da Malata 10 minutos e 30 minutos despois do remate do partido para cada un dos lugares. 

O itineriario pode verse nos seguintes mapas.