Con motivo das celebracións de Nadal na cidade de Vigo, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informa que se vai proceder á realización de restricións de tráfico que obrigarán á modificación dos percorridos de saída dende a estación de autobuses. O tramo horario afectado será o comprendido entre as 17:00h e as 23:30h os seguintes días:
Novembro 2023: 24, 25, 26
Decembro 2023: 1, 2, 3, 5, 6 ,7, 8, 9, 10,15, 16, 17, 22, 23, 24, 25, 26, 29, 30, 31
Xaneiro 2024: 1, 5, 6, 7, 14
Os autobuses procedentes da estación de autobuses que baixen por Alfonso XIII desviaranse pola rúa García Barbón ata Isaac Peral, tal e como se indica no seguinte mapa.
A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.