A XUNTA HABILITA PARA OS DIAS 21, 22 E 23 DE XULLO UN NOVO SERVIZO DE AUTOBÚS DENDE VILAGARCIA ATA A ACAMPADA CO MOTIVO DO ATLANTIC FEST
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade pon en marcha os días 21, 22 e 23 de xullo unha nova liña de autobús co motivo do Atlantic Fest, facilitando así o desprazamento dos usuarios entre as dúas localidades.
A nova liña XG814048 Vilagarcía EA – O Campanario (Atlantic Fest) contará coas seguintes paradas:
- Vilagarcía E.A
- O Campanario (Atlantic Fest)
As expedicións desta liña realízanse os días 21, 22 e 23 de xullo do 2023, cos seguintes horarios:
Venres 21/07/23:
- Saídas de Vilagarcía E.A: 14:55, 16:55 e 20:55 horas e con hora de chegada a O Campanario (Atlantic Fest) ás 15:05, 17:05 e 21:05 horas
Sábado 22/07/23:
- Saídas de Vilagarcía E.A: 9:50 e 13:50 horas e con hora de chegada a O Campanario (Atlantic Fest) ás 10:00 e 14:00 horas
Domingo 23/07/23:
- Saídas de O Campanario (Atlantic Fest): 8:05 e 11:50 horas e con hora de chegada a Vilagarcía E.A ás 8:15 e 12:00 horas
A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.