AVISO IMPORTANTE: AXUSTES EN 17 LIÑAS DE AUTOBÚS POLO CORTE DUN TREITO DA ESTRADA EP-8504, EN VALGA

Ven, 14/07/2023

Dende o mércores 19 de xullo, a Xunta adapta os servizos de 17 liñas de autobús da concesión XG830, afectadas polo corte dun treito da estrada EP-8504, no concello de Valga

As obras na estrada EP-8504 impiden o tránsito dos servizos de transporte público a partir do 19 de xullo por catro paradas de autobús localizadas na parroquia de Setecoros: Setecoros, Rexenxo, Cernadas e Cernadas 2.

Para garantir a correcta prestación dos servizos de autobús, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aprobou distintas adaptacións nas 17 liñas afectadas polo corte. Entre elas, a actualización das horas de saída e de chegada dos servizos afectados pola supresión temporal das paradas, a inclusión de novas paradas noutras liñas ou cambio de orde nalgunhas paradas existentes para adecuar os itinerarios das liñas.

As adaptacións aprobadas estarán vixentes mentres duren as obras na estrada, que teñen unha duración estimada de dous meses.

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.