A XUNTA REFORZA OS SERVIZOS DE AUTOBÚS ENTRE MIÑO E BETANZOS OS XOVES POLA TARDE PARA ATENDER O ALUMNADO DO IES AS MARIÑAS
A Xunta reforzará desde o vindeiro día 9 de marzo os servizos de autobús dos xoves pola tarde entre Betanzos e Miño para facilitar, principalmente, os desprazamentos dos alumnos de Miño do IES As Mariñas.
Así, na liña que conecta en ambos os dous sentidos o centro de saúde de Betanzos e Miño, créanse dous novos servizos, de ida e volta, en horarios próximos ás clases da tarde do instituto, análogos aos que existen os martes para os estudantes do IES Francisco Aguiar.
Para a entrada, os alumnos de Miño contarán cun servizo que sairá ás 15,48 horas e terá a chegada prevista á parada do instituto ás 16,12 horas. Para o regreso á casa, o servizo sairá ás 18,10 horas desde Betanzos.
Estes horarios establecen uns 10 minutos de marxe entre as horas de paso do autobús e a xornada lectiva da tarde.
Nestes servizos, como en todo o transporte público da Xunta, os menores de 21 anos poden viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, mentres que o resto de usuarios poden beneficiarse dos descontos da tarxeta de mobilidade de Galicia (TMG).