Xov, 10/11/2022
Debido a celebración do Rally Ría Arousa, o próximo sábado día 12 de novembro veranse afectados algúns servizos do Transporte Público de Galicia na comarca do Barbanza
Tras a coordinación coa Policía Local de Ribeira, queda suprimido o servizo da liña regular Ribeira - Aguiño por Carreira, polos cortes permanentes polas vías nas que transcorre o rally.
O resto dos servizos continuarán cos seus horarios e percorridos habituais, sen variación algunha.
Dende a empresa prevese algún retraso nalgunha liña debido ao evento, polo que lles agradecen aos viaxeiros a súa comprensión.