Simplemente deberá ter o número do seu DNI e saber cando quere viaxar e entre que paradas. Nesta páxina ten información dos servizos de transporte, o que tamén poderá consultar nas empresas de transporte.
Ao final da chamada indicaráselle o número de confirmación da súa reserva, que deberá ter onde anotar.
Se ao chamar indica un correo electrónico, enviaráselle ao mesmo a reserva co seu número de confirmación, o que tamén lle facilitará a súa anulación, se fose o caso.