A XUNTA INFORMA DAS POSIBLES AFECCIÓNS DEBIDO ÁS INTERVENCIÓNS PROGRAMADAS NA RÚA XOÁN XXIII, NA CIDADE DE OURENSE

Lun, 08/09/2025

A Xunta informa que debido ao corte de tráfico que se producirá na rúa Xoán XXIII na cidade de Ourense, os servizos de autobús nesta cidade poderanse ver afectados, tanto no percorrido como nos tempos de viaxe.

O corte de tráfico da rúa Xoán XXIII afectará dende o martes 9 ás 15:00 ata o mércores 10 ás 10:00 da mañá, afectando á parada do Parque de San Lázaro que se atopa nesa rúa, no sentido rúa Curros Enríquez-rúa Progreso.

Rogamos ás persoas usuarias permanezan atentas aos desvíos provisionais así como ás paradas alternativas que se establecerán na avenida da Habana.

Para coñecer algún outra detalle, poden consultar cos concesionarios dos servizos afectados.