Redución de servizos por mor da COVID-19

No escenario de contención da mobilidade para a prevención das consecuencias da COVID-19, habilitouse a posibilidade de adaptar a oferta de servizos de transporte público ás novas restricións impostas como consecuencia da evolución da pandemia.

Deste xeito, a oferta de servizos públicos de transporte pódese ver reducida do seguinte modo:

  • De luns a venres, nas expedicións con lonxitude superior a 50 quilómetros que teñan a súa hora de inicio entre as 18.00 e as 24:00 horas, e que dispoñan de varias circulacións nesa franxa horaria, ata nun cincuenta por cento das circulacións correspondentes a cada sentido de ida e/ou de volta.
  • Os sábados, domingos e festivos, ata nun cincuenta por cento sobre a oferta total de servizos existentes nos seus respectivos contratos de concesión, garantindo cando menos unha expedición de ida e volta por liña neses días. Para estes efectos, tomaranse en conta os festivos nacionais e autonómicos, así como os locais cando sexa festivo no concello de cabeceira ou no de destino das expedicións.

Os servizos prestados mediante a modalidade de transporte baixo demanda manterán a súa oferta íntegra para aqueles supostos nos que as persoas usuarias realicen reservas previas de prazas nos termos establecidos con carácter xeral para esta modalidade de prestación, prestándose unicamente nos casos nos que esta reserva se realice

 

A información ofrecida nesta páxina recolle, en principio, as ditas reducións. Non obstante, se vai viaxar nas anteriores franxas horarias recoméndase que confirme directamente coa empresa prestataria os horarios vixentes.